Warsan Shire naceu o 1 de agosto de 1988 en Kenya. Cando tiña un ano emigrou a Reino Unido ca súa familia. Estudou Artes en Escritura Creativa.
En 2011, publicou Teaching My Mother How To Give Birth , unha das súas poesías reivindicativas., que foi publicada na súa colección completa en 2016.
A súa poesía resultou tan impactante que foi traducida a diversas linguas : italiano, portugués, español, sueco, danés e estoniano. Estes poemas tiveron tanto interese xa que escribe sobre e para as persoas que non teñen voz pública, por exemplo, emigrantes e refuxiadas. Emprega as influencias da súa familia para describir as esperiencias que tiveron que enfrontar.
Agora imos amosarvos un fragmento dun dos seus poemas revolucionarios, neste caso HOME, traducido ao galego.
HOME / FOGAR. Warsan Shire
https://www.youtube.com/watch?v=ybTM-aaJxS0
Ninguén deixa o seu fogar a menos
que o seu fogar sexa a boca do lobo
só corres cara á fronteira
cando ves ao resto da cidade correndo tamén
Os teus veciños corren máis rápido ca ti
co alento sanguento nas súas gargantas
o rapaz co que foches á escola
o que te bicou trala vella fábrica de lata
suxeita agora unha arma máis grande ca el
só deixas o teu fogar
cando o teu fogar xa non te deixa estar.
Ninguén deixa o seu fogar se o seu fogar non o bota
con lume baixo os pés
sangue quente no ventre
non é algo que tiveses pensado facer
ata que o coitelo ardente non ameazou o teu pescozo
e aínda entón levaches o himno no teu alento
pero romper o teu pasaporte no baño dun aeroporto
saloucando por cada pedazo de papel
deixouche claro que non volverías atrás.
CARLA Giraut e AINHOA Barral

Este premio nobel foi outorgado por primeira vez a un escritor de orixe africana. Residente no Reino Unido, chegou como refuxiado en 1968 (pola persecución que sufrían no seu país as persoas, coma el, de orixe árabe).




or Canterville, todos incluyendo al señor Cantervillele dicen que eso es una locura comprar el castillo en el que esta el fantasma llamado Sir Simon de Canterville familia lejana del señor Lord Canterville. El señor Canterville le hizo una oferta al señor Otis, trataba de que la familia del señor Otis van a ir allí a vivir tres semanas y si en esas tres semanas no les aparece el fantasma le venderá el castillo al señor Otis.

ocupado polos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial.