Leningrado. Decembro de 1942
Este é o contexto espazotemporal no que o autor basea a súa obra.
Un neno, Boris, será testemuña do que foi o asedio máis longo de toda a historia da humanidade, o cal se prolongou durante preto de dous anos e medio e deixou Leningrado devastado.
Na novela, expóñense temas como a crudeza da fame, a morte, a dor e a ignorancia que ten un neno nunha situación tan complexa.
No libro faise unha especial insistencia na importancia que tivo neste contexto o “Camiño da Vida”, unha liña de aprovisionamento que nalgunha que outra ocasión lle salva a vida ao protagonista; así como tamén se nos presentan tintes de humanidade nun mundo deshumanizado cando o protagonista se adentra en liñas inimigas para conseguir algo de comida.