Cada 24 de outubro celébrase en todo o mundo o Día das Bibliotecas para recoñecer o papel que cumpren como institucións esenciais para a promoción da paz e o benestar espiritual da humanidade. Escolleuse este día en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo durante o conflito balcánico.
Este ano a Biblioteca Gabriel García Márquez de Barcelona foi escollida como a mellor biblioteca pública do mundo segundo a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas. Á vista está que é unha marabilla: