Nos útimos días celebrouse o Premio Nacional da Narrativa 2021. O xurado seleccionou a obra “Virtudes e misterios” de Xesús Fraga. Ademais sinalaron, “lendo este libro contemplamos a imigración, cos seus claros e escuros, dende as súas duas orillas, a dos que se van e a dos que se quedan, e tamén os que viven en cabalo entre os dous mundos”.
Xesús Fraga naceu en Londres no ano 1971, estudou xornalismo na universidade de Salamanca e redacta na Voz de Galicia.
O libro premiado conta a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.
Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.