Como todos os anos, rematamos o curso coas actividades que xiran arredor do Mes das Letras Galegas. Este ano Florencio Delgado Gurriarán foi o protagonista. Hai varias semanas que os nosos corredores están documentados cunha exposición biográfica e biblográfica, que o noso alumnado foi enriquecendo coas súas achegas.

Os primeiros en facelo foron os alumnos e alumnas de 1º da ESO que, seguindo as numerosas mostras de poesía paisaxística de Florencio Delgado, elaboraron un compendio de léxico da paisaxe natural, titulado “As palabras de Florecio”.
A Florencio Delgado coñéceselle como “O poeta do viño” porque retrata en moitos dos seus poemas todo o mundo que rodea a vendima e o prezado viño da súa Valdeorras natal e das ribeiras do Sil en xeral. É por isto que os rapaces de 2º da ESO están centrados no. extenso léxico ligado a este tema, de longa tradición na historia da literatura universal.
O labor de activista cultural que Florencio Delgado Guarriarán desenvolveu no exilio é o tema tratado polo grupo de 4º da ESO. Tralo traballo de investigación sobre a situación sociolingüística,plasmárono nunha actividade de “Compara e contrasta”. En dous paneis reflíctese a diferente situación que vivía a lingua e a cultura en lingua galega na posguerra en Galicia e no exilio americano, nomeadamente en México, onde o noso autor se instalou. O alumnado de 4º vai comparando e contrastando as diferentes situacións: as normas legais contra a nosa lingua ditadas polo franquismo fronte á denuncia ante a UNESCO presentada polos exiliados; da inexistente publicación de obras literarias ou celebración de actos públicos na nosa lingua á frenética actividade cultural en Buenos Aires, La Habana ou Veracruz; das multas por desenvolver determinadas actividades en lingua galega, como as misas, á celebración da primeira misa en galego, aprobada polo cardeal Quiroga Palacios. Historias que teñen que ver coa propia vida do noso centro pero tamén con Florencio Delgado, do que se conta a profunda emoción coa que asistiu á súa primeira misa na lingua propia.

Pola súa banda, o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato centráronse nas referencias á literatura universal e galega presentes na poesía do autor, desde Homero á materia artúrica ou ao celtismo, así como as súas traducións de autores franceses e ingleses.




da táboa redonda que van á busca do Santo Graal. É unha das temáticas que máis libros produciu na literatura universal. Álvaro Cunqueiro publicou Merlín e familia en pleno século XX, con personaxes da materia de Bretaña como o propio Merlín.
n home chamado Koskela (un mariñeiro) que é acusado de asesinar un home no porto de Lisboa, Koskela acolle a unha gorila chamada Sally Jones, que o axuda a destapar a vedade, surcando por todos os océanos hata chegar a India enfrentándose a moitas aventuras para defender ao seu compañeiro de vida, ademais esta historia está narrada pola propia gorila nunha maquina de escribir.
La autora Jeffrey Eugenides ha escrito que para mi “unos de los mejores libros de mi adolescencia” el como describir la fusión de la dulzura con la que cuenta todos los sucesos y al mismo tiempo poder atraparte con esa esfera de tristeza y amargura, sabiendo como provocar en mi la sensación del olor a jazmín y de las palomitas resesas. Que tal vez simplemente fue el momento en el que leí el libro, mi estado de ánimo cuando lo leí, pero tras leerlo varias veces y verme la película otras cuantas me doy cuenta de que es la misma sensación de la primera vez. Después del intento de suicidio de Cecila, la menor de 5 hermanas, la vida de la familia Lisbon se pondrá patas arriba, la muerte inesperada de Cecilia tras su íltimo intento, empezando a caer una tras otra. La historia es narrada por los chicos del barrio, que después de 20 años no pueden olvidar aquellas chicas.

El camino es un libro escrito por Miguel Delibes publicado en 1950 en el que se cuenta el ambiente rural en el contexto de la España de la posguerra.
Gústame moito este manga porque trata dun rapaz que se chama Mark Evans que lle gusta moito o fútbol e tamén xogar cos seus compañeiros de equipo do Instituto Raimon. O Raimon loita por