Merlín e familia.

Álvaro Cunqueiro, o autor.

A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo.

A Materia de Bretaña, denominada ás veces ciclo artúrico ou ciclo bretón, é unha temática literaria que trata sobre o Rei Arturo e os cabaleiros

da táboa redonda que van á busca do Santo Graal. É unha das temáticas que máis libros produciu na literatura universal. Álvaro Cunqueiro publicou Merlín e familia en pleno século XX, con personaxes da materia de Bretaña como o propio Merlín.

Deixa unha resposta