A temática da maternidade

A súa obra Darío a diario céntrase na vivencia da súa maternidade e da crianza do seu fillo Darío. Un exemplo:

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.

——–

I

Dis ma-ma-má
e consegues oito pasos seguidos sen axuda
cara a nós. ¿Vesme?
Son a nai que te pariu e coida
face-lo necesario porque avances.

II

¿Que é o necesario?
Coma sempre:
asumir que me equivoco e seguir investigando.
Como sempre en min,
e máis contigo.

—–

Busco o modo de te acompañar sen estorbo,
que seas ó meu carón feliz e creador
de ti,
de ti e mailo mundo que apañes.

—–

Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química das quimeras
rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán das narracións para o ano en que nacín.

E vés
ti
agora,
primeiro imaxinado e xa querido,
logo presente nestes cuartos a diario:
hai posible en ser muller un privilexio imposible de transferir.

Xela Arias. Referencias musicais: o blues

Outro estilo musical ao que fai moitas referencias é o blues. Un exemplo:

É tempo de orquídeas de frío

As follas secas -outono

As follas secas axóuxeres

E acocharon as rás

A música fuxiu de baladas e fíxose blues 

Blues de corazón

  •  O blues é un estilo musical vocal e instrumental que evoluíu dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten  a súa ríz estilística na áfrica Occidental. O blues foi a amior influencia da música poipular occidental e americana, con expresión no jazz, rock e tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna.

Os ingredientes V. Dimensión metaliteraria.

É un discurso autorreferencial que se manifesta de varias maneiras. Nalgúns casos, o autor interrompe o argumento ou métese dentro del para aclarar algo, emitir xuízos sobre a propia obra e a súa preparación, tratar temas relacionados co xénero e as técnicas narrativas ou falar de literatura en xeral.

Un exemplo, así falaba da súa escrita nunha entrevista:

“A poesía debe indagar e cuestionar a orde das cousas, senón para que é, se a poesía o que vai servir é para dulcificar o que xa está ou para cantar as posibles excelencias do que xa está non sirve para nada.”

Xela Arias. Referencias mitolóxicas

Ariadna fia

Un edificio e outro érguense

En mausoleo informe para mañán e algunha Alicia

Pequena, tal vez luxada, entra na pantalla calada

Os ollos dela véñenme entran e furan

E trae nos brazos abertos millóns de flores e colores

¡Colores!

E son colores raras

Eatrañas de no velas.

E Ariadna fia

Ariadna foi, na mitoloxía grega, a filla de Minos e Pasífae, os reis de Creta que atacaron Atenas tras a morte do seu fillo Androgeo. A cambio da paz, os atenienses debían enviar sete hombres xóvenes e sete doncellas cada ano para alimentar ao Minotauro.Ariadna - Wikipedia, la enciclopedia libre

Ariadna foi posta polo seu pai a cargo do labirinto en que estaba encerrado o Minotauro. Ariadna traizoou ao seu pai ao namorar de Teseo, un dos mozos atenienses que debía ser sacrificado ao Minotauro. Ariadna proporcionou a Teseo unha espada coa que matar ao Minotauro e un novelo para que, tirando do fío, poidese orientarse polo labirinto e atopar a saída despois de matar ao Minotauro.

Xela Arias. Intertextualidade

A xeito de colaxe nos seus poemas aparecen integrados versos de moitos autores da literatura universal: Baudelaire, Rilke, Gil de Biedma, Rimbaud ou, como neste poema, Bukowski.

Non sei que hai que quero decir sen ter que falar
de nada que pensado faise ese non sei coma pesadelo
constante e furafollea-los instantes. Vaia. Se xa
nin prefiro rematar este intento de explicarme

(…)

bukowski ten razón para min
a cidade
foi poema

  •  Henry Charles Bukowski, cuxo verdadeiro nome era Heinrich Karl Bukowski, foi un poeta e escritor nado en Alemaña, aínda que de nacionalidade americana, considerado un dos máximos representantes da literatura independente e do xénero literario chamado “realismo sucio”.

Os ingredientes II. Referencias literarias (autores galegos)

  • Entre as múltiples referencias literarias, hai autores galegos como Novoneyra, Ferrín, Manuel Antonio, Castelao…

 

 

Un exemplo nesta “Epístola. Biografía” :

 

Deixara os meus estudos e traballaba, pero entre Novalis

almorzaba Rimbaud, xantaba Verlaine e ceaba Baudelaire

(Novoneyra ou Ferrín de aperitivo).

  • Tamén cita a Rosalía:

Inmaculábante. Eras necesaria.

Inmaculábante. Es o principio da camiñada.

Mira como así rabenan,

rematan esgotado o teu dereito a rebentar.

Nada novo, inmaculada Rosalía.

Tal sempre mulleres confinadas na construción

doutros,

comprendes:

resólveseche a arma contra ti.

A de quen comprende non é

palabra feliz.

 

Os ingredientes I. Culturalismo,

Chamamos culturalismo ás referencias nos poemas á mitoloxía, á literatura, á música, ao cine, á arte en xeral.

Nos poemas de Xela Arias quizais as referencias máis abundantes sexan as referencias musicais, ao blues, ao jazz ou a o rock.

Nun poema, por exemplo cita ao músico Chick Corea:

Chovía
Os mares sulagaban as pedras
Retortas e cabalos
Corea. Chick. Chick Corea. O dial esvara

Sabes: estou soa. A fiestra grande da pantalla ten
Colores chumbas fumes e un coche
Vermello que pasa
a ventá


Entrevista Xela Arias

Como diciamos no artigo anterior, unha das características da poesía dos anos 80 e 90 foi a abundancia de recitais, en moitos casos acompañados de poesía, nun intento de sacar a poesía da solemnidade á que a asociamos habitualmente.

Un exemplo está no nacemento do Festival de Poesía do Condado, no ano 1981, que xa vai pola súa 34 edición. Xela Arias desde os seus inicios estivo ligada a esta iniciativa cultural, como podemos comprobar nesta entrevista concedida á TVG:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/previa-ao-xii-festival-de-poesia-do-condado

Menú poético

 

Dende o pasado día 20 de abril, nas aulas de lingua galega e literatura vimos desenvolvendo a actividade titulada O POEMA DO DÍA. A xeito de menú poético, os alumnos dos distintos niveis van servindo un poema diario de Xela Arias, poeta homenaxeada coas Letras Galegas deste ano.

A través deses poemas, na aula analizamos as características comúns á poesía duns anos, os 80 e 90, que trouxeron á literatura novas temáticas e formas de expresión. Remataremos o día 12 de maio cun recital poético- musical, similar aos que abundaban naqueles anos.

Bo proveito!