Despois de ler Os nenos da varíola e ver a importancia que tivo o Doutor Balmis para o avance da medicina, investiguei ao respecto e dinme conta de que o Doutor Balmis aínda está presente na actualidade:
Premio Balmis. Foi creado no 2009 pola Asociación de Pediatría para premiar a médicos e profesionais dos medios de comunicación para fomentar a difusión e investigación en vacinas.
Operación Balmis. Así se denominou a operación levada a cabo polas Forzas Armadas para controlar na medida do posible a Covid-19, despregando máis de 2.500 efectivos polo país para controlar a corentena.
Estatua. O Doutor Balmis ten un recoñecemento na Facultade de Medicina en San Juan en Alicante debido á seu importante labor na expedicion da varíola.
Instituto Balmis de Vacinas. Este instituto está dedicado á formación, investigación e cooperación internacional en relación coas vacinas e inmunizacións.
Rotary Club Alicante, Fundación Doutor Balmis. Creouse para difundir a este gran personaxe tan importante na historia da medicina mundial. Moi coñecido en países hispanoamericanos pero pouco coñecido ás veces na súa terra natal.
Jacobo Baña