Amigo invisible

Os alumnos de 4º ESO ,  1º  e 2º de Bacharelato están estes días pensando en libros. Aceptaron participar nun xogo: despois de facer un sorteo, cada un debe mercar un libro a un compañeiro sen que este o saiba. Polo tanto, deben adicar un tempo a pensar cal é o libro acaído, cal lle pode gustar máis. Proximamente comprobaremos se acertamos

Mes das Letras

No Seminario Menor estamos inmersos no Mes das Letras. Do 23 de abril, Día do Libro ao 17 de maio, Día das Letras Galegas, moita da actividade do Centro xira en torno ao libro, a literatura e a normalización da lingua galega nun sentido amplo. Visitas a bibliotecas, xogos de pistas literarios, exposición de libros, de fotografías, o amigo invisible, os 25 anos do Xabarín, os 40 da revista Encrucillada… E tamén, como non, afondamos na figura homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas: Antón Fraguas.

Luís Seoane. Día das Artes Galegas

Este ano a Real Academia das Artes Galegas adica o Día das Artes a Luís Seoane. Ademais da súa faceta como escritor,  Seoane tivo moitas outras: pintor, muralista, gravador, fundador, xunto con Díaz Pardo, do Laboratorio de formas de Galicia e Sargadelos, etc.

Como mostra da súa sensibilidade, déixovos esta peza audiovisual que o Consello da Cultura Galega realizou sobre unha das súas obras: Emigrante.