Charles Dickens e o seu “Conto de Nadal”

Desde que Charles Dickens publicara en 1843 A Christmas Carol (Un conto de Nadal) tornouse un dos maiores clásicos de Nadal de todos os tempos, quen non coñece ao avaro Scrooge? Pois ben, neste período prenavideño os nosos alumnos están traballando nesta obra e algo especial nos preparan.

Charles Dickens é un máis grandes escritores da literatura universal e a súa obra está marcada sobre todo pola crítica social. Era un fero crítico da pobreza e da estratificación social da sociedade vitoriana e un dos personaxes mellor debuxados dentro das súas novelas é a propia cidade de Londres nesa época.

Entre as súas múltiples obras destacamos tres traducións ao galego: Oliver Twist (Galaxia), Grandes esperanzas (Vicens Vives) e Un conto de Nadal (Xerais). Traducións de Moisés Barcia, Isabel Soto e Alfonso Prada.

Mención á parte merece a preciosa edición que a editorial Kalandraka editou recentemente con ilustracións de Roberto Innocenti e tradución de Carlos Acevedo. No seguinte booktrailer podedes ver unha mostra:

Canto de Nadal

 

Deixa unha resposta