Xa estamos aquí

Coa chegada deste novo ano, 2020, volvemos ao ataque co noso blog  de lectura. Volveremos a “presumir de lecturas”, a recomendar os nosos libros favoritos e a comentar as sensacións que nos provocan. Informaremos sobre concursos, novidades literarias e calquera actividade  relacionada coa literatura e a lectura que se desenvolva no noso centro. Convidamos a todo o que queira participar a facelo, cada nova achega será ben recibida.  Só tes que rexistrarte e xa poderás comentar ou engadir novos artigos no noso blog, anímate!

Deixa unha resposta