Os alumnos de 4º Eso fomos ao teatro para ver a obra Ubú rey, neste caso nunha versión de títeres do grupo arxentino Tres tigres.
Esta obra de teatro é dun dramaturgo francés, Alfred Jarry, que foi estreada no 1896 e que representa o que moitas veces pasa cando lle das
o poder a xente que non é capaz de manexalo. Neste caso, o rei chegou a matar para facerse co trono, (tamén pode ser pola presión que a súa familia poñía sobre el) pero unha vez que xa tiña o trono empezou a ter un complexo de superioridade sobre o resto.
É unha obra entretida pero que tamén ten un transfondo que toca temas sociais e políticos.