Fixemos durante o proxecto de artes unha actividade na materia de lingua galega titulada poesía revelada. Consistía en elaborar un texto poético a partir dun texto narrativo. Para realizar o noso texto hai que remarcar certas palabras que xuntas formen un poema con sentido propio, despois hai que tachar ou facer un debuxo tapando o texto narrativo pero deixando á vista as palabras que conformen o noso poema.
É unha idea orixinal do autor, debuxante e deseñador web Austin Kleon. Comezou a usar esta técnica para superar un bloqueo de escritor usando periódicos vellos. Este é un exemplo: