Semana do Libro

Este xoves 23 de abril celébrase o Día do Libro e, a pesar das circunstancias, ímolo celebrar. Pedímosvos que nos recomendedes un libro que vos marcase dalgunha maneira ou que simplemente vos gustase dun xeito especial e nos digades por que.

Non o pensedes moito, xa se sabe que é difícil escoller só un. Veña, animádevos!

Un comentario en “Semana do Libro”

  1. Como mañá é o día do libro, vouvos facer un pequeno comentario sobre un clásico: Memorias dun neno labrego.

    Aínda recordo a primeira vez que me mandaron ler este libro; eu estaba en 4º de primaria e tiñamos que lelo para un futuro exame que sería avaliado. Coma case todos os nenos pensan, a primeira impresión foi mala, xa que daquela non podiamos chegar a entendelo, pero agora que me dou conta do que lin por aqueles tempos, dígome para min mesmo: “que sorte tiven de poder terminalo, e faríao outra vez sen dúbida ningunha.”
    Esta obra é claramente un clásico, non só da literatura galega, senón que tamén chegou ao resto do mundo grazas ao seu triunfo. O seu autor é Xosé Neira Vilas, que é coñecido coma un dos maiores autores galegos da historia e, sinceramente, gañou ese respecto.

Deixa unha resposta