ler na casa

Ler en galego desde a casa

Nestes días nos que temos que quedar na casa imos ter moito tempo para ler. Apuntámosvos varias páxinas onde podedes atopar literatura en galego para ler en liña ou descargar. Esperamos que vos preste.

  1. Galicia Le: Plataforma da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia onde solicitar o préstamo das principais novidades editoriais en galego. Tamén se poden ler en liña.
  2. eBook Dicoruna: Plataforma tecnolóxica da Deputación Provincial da Coruña onde solicitar o préstamos dun moi amplo catálogo de libros en galego.
  3. Bivir (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego): Recolle obras en formato PDF da literatura universal libres de dereitos traducidas ao galego e realizadas pola Asociación de Tradutores Galegos.
  4. Biblioteca Virtual Galega: Recolle fichas de autoras/es da literatura galega, obras completas ou escolmas, desde a época medieval á actualidade. Formato web.
  5. Biblioteca Virtual da Real Academia Galega: Pequena compilación de obras clásicas galegas.
  6. Galiciana. Biblioteca de Galicia: Recolle a dixitalización de moitos dos fondos da Biblioteca de Galicia e doutras institucións). Ten un apartado específico Clásicos da literatura galega dezaseis obras clásicas gratis, en ePub ou pdf, de desis autoras/es galegas: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Marcial Valladares, Lamas Carvajal e Sofía Casanova.
  7. Son de Poetas : Antoloxía da poesía galega musicada, desde a época medieval até a actualidade.
  8. Os libros de Ánxel Casal: Recupera a memoria dos libros publicados polas editoriais Lar e Nós entre 1924 e 1936. Só podes ler fragmentos.
  9. Asociación de escritoras e escritores en lingua galega: A AELG ofrece as súas publicacións e algúns libros en PDF.
  10. Galegobook: Comparte libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía…)
  11. Enciclopedia da historia da literatura galega: Páxina sobre a literatura galega. Ten algunhas obras para ler en liña.
  12. Sitios onde descargar gratis libros en galego (e portugués): Nesta páxina podes atopar moita información de onde ler gratis ou descargar libros en galego e portugués.

Deixa unha resposta