Por que xente lendo?

Este blog nace do proxecto lector iniciado polo Seminario Menor da Asunción de Santiago de Compostela neste curso 2018-2019 chamado Búscase xente lendo. Comezou dito plan cun concurso posto en marcha no mes de setembro no que se busca ao alumno máis lector para premialo.

O seguinte paso é botar a andar este blog para dar voz aos lectores do Seminario, xa sexan alumnos, profesores, pais ou persoal do Centro. Aquí poderemos recomendar libros que nos gusten, difundir noticias relacionadas cos libros e a lectura, informar sobre charlas ou visitas que diversos autores fagan ao noso centro…

Deixa unha resposta