Día da paz

Poema escollido polos alumnos de 4º da ESO para ler no acto celebrado co gallo do Día da Paz. A autora, Warsan Shire, é de orixe somalí aínda que vive en Londres. Home, un dos seus poemas máis coñecidos, converteuse nun fenómeno viral nas redes sociais durante a crise dos refuxiados. Publicamos só uns fragmentos lidos polos nosos alumnos esta mañá.

HOME / FOGAR

Ninguén deixa o seu fogar a menos
que o seu fogar sexa a boca do lobo
só corres cara á fronteira
cando ves ao resto da cidade correndo tamén

Os teus veciños corren máis rápido que ti
co alento sanguento nas súas gargantas
o rapaz co que foches á escola
o que te bicou trala vella fábrica de lata
suxeita agora unha arma máis grande que el
só deixas o teu fogar
cando o teu fogar xa non te deixa estar

[…]

Ninguén deixa o seu fogar
ata que o seu fogar non é unha voz que lle di:
vaite, fuxe de min agora
no sei en qué me convertín
pero sei que en calquera lugar
estarás máis seguro que aquí.

 

Deixa unha resposta