Experimentando coa literatura

No proxecto de arte do alumnado de 3 da eso, en Lingua Galega, fixemos unha actividade relacionada coa poesía revelada e hoxe veño a falarvos dela.

A poesía revelada ou blackout poetry consiste en crear un texto, xeralmente unha frase poética, a partir doutro. É unha especie de xogo literario que xa practicaron poetas e artistas de vangarda a principios do século XX.

 

Trátase de crear un texto propio e orixinal, pero por outra, de conservar algo do autor, como se quedásemos con algunhas das súas ferramentas, as palabras. No meu caso fíxeno dun texto do libro Memorias dun neno labrego do autor Neira Vilas, e saquei esta frase:

O sol no inverno de neves e lobos é coma unha pedra, libre.

Deixa unha resposta