Nas clases de Lengua española traballamos este poema de Florencio Delgado Gurriarán:
O VIAXEIRO
Novo Odiseo, a vida pasa en xeira
por mel pra cinco bocas de papoula.
Miña dona, Penélope crioula,
fica a tecer, decote, a súa angueira. […]
Fala de Ulises (personaxe da Ilíada, de Homero), cando marchou á guerra de Troia e deixou Ítaca atrás e a xente pensaba que era imposible voltar. De aí que tratásemos o tema da “viaxe coma metáfora da vida”.
Ademais, vimos a presenza deste tema no cine. Eu sobre este tema falei da obra de cine “Instintos Ocultos”, que fala dunha expedición de 30 persoas á lua para buscar un novo fogar e pouco a pouco empezan a recuperar o estado primitivo.