É un libro precioso, expresa e ensina o fermoso que pode ser o amor entre dúas persoas, un amor que chega ata os momentos máis duros da vida, recordar a persoa que queres ata no momento no que pode chegar a túa morte. Ese amor que parece imposíbel polas circunstancias nas que vive.
Tamén é un libro no que atopamos un personaxe que sempre se adica a expresar a súa falta de empatía pola xente que non ten a súa mesma categoría, ou pola xente que non ten a súa mesma ideoloxía, e por unha persoa que lle marcou e convertiuse na súa voz imaxinaria. Sem embargo empeza a sentir empatía por esta parella e sobre todo polo home que é o encarcelado por ser republicano. Esa persoa que se convertiu na súa voz imaxinaria, fixo tanto por este home, que ata fixo que para el esta parella se convertise no mellor que puido coñecer na súa vida. Viu que o amor de verdade existe e, axudoulle a el a crer no amor.
É unha novela curta, que pola súa brevidade parece que pode ser lida por calquera persoa, pero non, ten a súa complexidade, para entender ao cen por cen o que quere expresar o libro con toda esta historia imaxinaria. Sempre hai que pensar que é imaxiaria, aínda que transcorre nun contexto histórico determinado, no que esta novela, podería chegar a ser completamente crible.
Manuel Rivas con este libro consagrouse como o escritor máis traducido en lingua galego. Un grande escritor que se non fose polo seu don na escritura non conseguiría semellante prestixio. Escritor que sempre tes que ler.