Hoxe, un día de calor, toáabame ir a clase pola tarde e pensando na preguiza que nos daba atender, a nosa profesora de galego recomendoume un libro que trataba sobre o dereito a esta.
O Dereito á preguiza é un ensaio dun autor francés chamado Paul Lafargue .
Paul naceu no 1842, foi un xornalista, médico, político e revolucionario francés.
Neste libro defendese o soño, a abundancia do goze e a liberación da escravitude de traballo, para explicar mellor a doutrina marxista entre a clase obreira do seu tempo.