Este libro acabeino no segundo trimestre, é un libro curto cunha linguaxe complexa xa que está escrito no galego de 1889. Trata sobre un labrego que responde ás preguntas a modo de catecismo dun sacerdote. Nestas respostas critica ós políticos, ós caciques, e fainos responsables das penurias que viven os labregos galegos.
Recomendo este libro para que nos deamos conta do mal que vivían naquela época e de que non se vive tan mal durante este confinamento.
O seu autor, Valentín Lamas Carvajal