Polos meus gustos de historia medieval, vou presentar esta obra maestra tanto de literatura como como do cinema. Este libro, escrito por Tolkien en 1954, impulsou a miña imaxinación dende moi pequeniño, lendo pouco a pouco. Dende o comezo da lectura ata o final sentes que estás dentro da Terra Media, sentes que te moves cos personaxes e que vives as mesmas experiencias ca eles. A trama toda que ten, dende a historia miles de anos atrás ata o remate, é incríble, todo ben seguido. Por moi grande que se faga o libro, a lectura non é para nada pesada, tendo momentos tanto de alegría, como de tristeza, como de medo, como de eforía. JRR Tolkien soubo transmitir esas sensacións ao texto.
A tradución do inglés ao galego é de Moisés Barcia Rodríguez.