O BATALLÓN LITERARIO DA COSTA DA MORTE

A Costa da Morte, que é onde eu vivo, está situada na zona máis occidental da provincia da Coruña e  compóñena as comarcas de Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra.

En 1996 creouse un grupo literario  chamado O Batallón Literario da Costa da Morte e o seu nome está inspirado no “Batallón Literario”,  compañía militar formada por estudantes da Universidade de Santiago, que en 1808, durante a Guerra da Independencia Española, loitou contra a invasión francesa dirixida por Napoleón. Na primeira xuntanza que organizaron reuníronse os fundadores, os cales son: Miro Villar, Rafa Villar, Federico L. Santalla, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Estevo Creus e Xabier Rodrigues Fidalgo.

Moitos autores do Batallón Literario teñen recibido premios polas súas obras. As máis destacadas de cada autor son: Miro Villar por Equinocio de primavera recibiu o Premio Esquío. Rafa Villar por Liques da memoria o Premio Fermín Bouza Brey. Estevo Creus por Areados o Premio Miguel González Garcés. Modesto Fraga por Amor salgado o Premio O Grelo. Alexandre Nerium por Vaga en espiral o Premio Faustino Rey Romero. Concha Blanco por A mín que me importa! o Premio Lazarillo. María Canosa por O libro dos medos que non o son recibiu o Premio Arume. Ademais de outros autores con infinidade de premios. Hai tamén que destacar un blog literario de Miro Villar chamado Crebas.gal que recibiu o Premio ao mellor blog literario no ano 2012.

Para rematar, dicir que acaban de celebrar o seu 25 aniversario.

Deixa unha resposta