Memorias dun neno labrego

Como mañá é o día do libro, vouvos facer un pequeno comentario sobre un clásico: Memorias dun neno labrego.

Aínda recordo a primeira vez que me mandaron ler este libro; eu estaba en 4º de primaria e tiñamos que lelo para un futuro exame que sería avaliado. Coma case todos os nenos pensan, a primeira impresión foi mala, xa que daquela non podiamos chegar a entendelo, pero agora que me dou conta do que lin por aqueles tempos, dígome para min mesmo: “que sorte tiven de poder terminalo, e faríao outra vez sen dúbida ningunha.”
Esta obra é claramente un clásico, non só da literatura galega, senón que tamén chegou ao resto do mundo grazas ao seu triunfo. O seu autor é Xosé Neira Vilas, que é coñecido coma un dos maiores autores galegos da historia e, sinceramente, gañou ese respecto.

Na imaxe unha edición coa preciosa portada de Luís Seoane.

Deixa unha resposta