A esmorga

Aproveitando a ocasión, quería engadir unha pequena recomendación acerca dunha lectura especial para min: A esmorga, obra do autor Eduardo Blanco Amor.

Esta obra foi publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercuión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario. O libro foi adaptado ao cinema e tamén ao teatro e traducido a varias linguas.

A novela narra a esmorga de tres personaxes, Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas e Eladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e mais a súa noite, e que rematará co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro. De feito, é este terceiro, Cibrán, quen lle conta toda a historia ao xuíz, e grazas ao cal coñecemos o sucedido.

Na imaxe portada do libro coa ilustración do poeta e pintor Luís Seoane.

Recomendo esta lectura xa que me resultou moi interesante a súa trama e tamén considero que é un clásico da nosa literatura, polo cal é unha lectura que deberiamos facer todos. Nela podemos atopar moitos recursos fascinantes que nos axudarán ao longo da nosa etapa como estudantes, e á vez resultaranos moi interesante e unha lectura sinxela e interesante. Na miña opinión merece moito a pena a lectura desta obra.

Deixa unha resposta