En 1º de bacharelato analizamos o paralelismo que hai entre a poesía existencialista nun poema de Rosalía de Castro como é a “Negra sombra” e o tema do grupo Grande Amore “Esta pena”.
Á vista está:
https://www.youtube.com/watch?v=OuErj0VLNc0
En 1º de bacharelato analizamos o paralelismo que hai entre a poesía existencialista nun poema de Rosalía de Castro como é a “Negra sombra” e o tema do grupo Grande Amore “Esta pena”.
Á vista está:
https://www.youtube.com/watch?v=OuErj0VLNc0
Cassandra prediciu a destrución de Troia pero non a creron porque Apolo a maldicírara.
O grupo Fillas de Cassandra toma o seu nome deste mito e tamén escribiu unha canción titulada así.
Tamén o grupo sueco ABBA ,no tema “Cassandra”, fala sobre unha persoa que se arrepinte de non crela sobre o seu poder e fai referencia a varios puntos do mito.
Neste proxecto traballamos sobre música e poesía através dos mitos gregos.
As Moiras:
Na mitoloxía grega ,as Moiras eran as personificacións do destino. Os seus
equivalentes na mitoloxía Romana eran as laimas na mitoloxía búltica e as normas na nórdica. vestidas con túnicas brancas e de semblante imperturbable ,o seu número termo fixado en tres .
Deste mito saíu o dito “esta vida pende dun fio”
Fillas de Cassandra fixeron unha canción sobre este mito:
Sácate, sácate, sácate, sácate
Bru-bru-bruxa
Sácate, sácate, sácate, sácate
Bru-bru-bruxa
Sácate, sácate, sácate, sácate
Bru-bru-bruxa
Sácate, sácate, sácate, sácate, sácate, sácate, sácate, sácate
Arríncoche o fío cos dentes
Ou déixocho aquí ben atado
Temos na man tres claveles
E todos están afiados
O MÉTODO VILLALTA :música + poesía
nos fixemos dentro do proxecto de Grecia e Roma unha actividade sobre a outra parte da música é a poesía a min tocoume o persoaxe Antígona.
Antigona
A trama xira a Antígona, filla do rei Edipo, a quen desafía para rendir honor a seu irmán falecido considerado traidor da patria chamado Pohnices.
Ela é o símbolo da loita e determinación é unha muller victima e a vez heroína a única capaz de desafíar ao tirán Creonte cando foi enviada a condena de morte considerada ela tamén traidora por querer enterrar a seu irmán, así Antigona realizando un xesto de actitude de rebeldía contra Creón, o cal era representante da leis dos homes, ahorcouse.
O que di moita xente sobre esta obra e que nela demóstrase que as leis dos homes para ser xustas teñen que ter un respaldo moral e que cando non é así se afastan dos princípios fundamentais do home.
Esta obra literaria foi escrita por Sófocles
Este grupo chamado “FILLAS DE CASSANDRA” fixo unha canción de Antígona:
Toda a nosa historia está feita con sangue
Toda a nosa historia está feita con sangue
Toda, está feita con sangue
Nin se quera cando nos teñen diante poden vernos
Nin se quera cando nos teñen diante poden vernos
Porque nunca fomos ninguén
Porque nunca fomos ninghén
Veñen detrás, veñen detrás
Hoxe as nomeamos pra outorgarlles a paz
Veñen detrás, veñen detrás
Hoxe as nomeamos pra outorgarllеs a paz
Veñen detrás, vеñen detrás
Hoxe as nomeamos pra outorgarlles a paz
No proxecto de Grecia e Romana fixemos unha actividade na que tíñamos que relacionar literatura e música. No meu caso,a Lisístrata, un personaxe dunha obra teatral de Aristófanes, coa música de Fillas de Cassandra.
As mulleres, baixo a dirección de Lisístrata, cansadas de verse abandonadas polos seus maridos a causa da guerra, deciden intervir e lograr a paz elas mesmas. Despóis de todo iso, ela volveuse un símbolo de esforzo e interés a favor da paz.
É por iso que se usou o seu nome para o Lisístrata Projec , un acto teatral feito de maneira simultánea en máis de 42 países a favor do que ela intentou facer, a paz.
Tamén fixemos unha actividade de máscaras do teatro grego, xa que na antiga Grecia os actores levaban máscaras por varias razóns:
O grupo musical As Fillas de Casandra, fixeron unha canción sobre este personaxe.
Na canción puidemos ver un montón de cousas que teñen que ver a música e a poesía, por exemplo, as dúas cousas teñen ritmo.
Dentro do proxecto sobre Grecia e Roma, fixemos unha actividade na que relacionabamos a música coa literatura, o mito de Syrinx co grupo de Fillas de Cassandra.
Era un naiade, é dicir, unha ninfa dos ríos, seguidora da deusa Artemisa, que gustaba de cazar, cun arco de corno. Era coñecida pola súa castidade. Un día encontroun o deus Pan ( Figi ,) polo que foi acosada. Ela é descrita só nas Metamorfosis de Ovidio.
* As ninfas eran calquera nembro dun gran grupo de espíritus femininos da natureza.
Fillas de Casandra: É un dúo musical galego formado en 2022 por María SOA (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música baséase na tradición musical e oral, os sons modernos e a mitoloxía grega.
Elas adicáronlle unha canción a Syrinx é Dafne, a letra refírese a que ambas foron acosadas por diferentes deuses e a letra é así:

Combinamos música e literatura, neste caso coa mitoloxía grega. O grupo de música “Fillas de Casandra” fixo unha canción explicando a historia de Dafne.
Dafne, que en grego significa loureiro, é unha ninfa protagonista dunha desgraciada historia de amor con “Apolo”
Na mitoloxía grega Dafne era unha dríade (ninfa das arbores), filla do deus Ría Ladón de Arcadia en Gea o del Deus Río Peneo de Tesalia con Gréusa, unha ninfa das augas ademais era secerdotisa de Gea Dafne foi perseguida por “Apolo” a quen Eros Había disparado unha frecha cunha punta dourada para que se enamorara dela.
A figura de Luísa Villalta favoreceu desde hai meses o estudo da literatura doutro xeito, o que foi denominado “o método Villalta”, un reencontro didáctico entre a música e a poesía. 
Ata o punto de que un manifesto impulsado por Xurxo Souto e inspirado en Luísa Villalta pide vencellar poesía e música no ensino:
Nos distintos cursos, desde 1º da ESO a 1º de bacharelato, e en varias materias diferentes, realizáronse actividades que afondan nese encontro didáctico.
Saímos pola cidade seguindo as pegadas de Luísa Villalta.
Visitamos un feixe de lugares significativos na súa traxectoria vital e, a través dun xogo de pistas, fomos descubrindo datos e detalles da cidade que ás veces se nos escapan. Unha oportunidade de aprendizaxe pero tamén de convivencia entre alumnado e profesores.
Pisando estrelas subo a Praterías,

Quintana arriba, paro e miro:
O ceu peneira os ecos das esquinas.
E a Berenguela, á alba, absorta aínda.
‘Música reservada’ (Luísa Villalta)
Tivemos con nós a unha das mellores regueifeiras do momento e comprobamos que temos “canteira” entre os nosos alumnos. Comezou o obradoiro cunha explicación do concepto histórico de «regueifa». En resumo, un baile, un pan de voda e un xénero de improvisación oral en verso. Seguiu cun percorrido por todos os lugares do mundo nos que se desenvolve a arte da improvisación: desde os bertsolaris vascos, os mellores da Península, ata os decimeros de Cuba (a onde viaxará en breve Lupe Blanco para representar a Galicia nun congreso sobre esta arte).

Cunha rápida mais completa introdución sobre o xénero poético, métrica, rima, ritmo e canto, comezou a creación do alumnado das coplas. A motivación foi total desde o principio e, como debe ser nestes casos, ningún tema quedou atrás: as alusións ao profesorado, aos compañeiros, incluso a crítica social. Logo veu o canto e os aplausos.