Saímos pola cidade seguindo as pegadas de Luísa Villalta. Visitamos un feixe de lugares significativos na súa traxectoria vital e, a través dun xogo de pistas, fomos descubrindo datos e detalles da cidade que ás veces se nos escapan. Unha oportunidade de aprendizaxe pero tamén de convivencia entre alumnado e profesores.
Pisando estrelas subo a Praterías,
Quintana arriba, paro e miro:
O ceu peneira os ecos das esquinas.
E a Berenguela, á alba, absorta aínda.
‘Música reservada’ (Luísa Villalta)