A min pareceume un moi bo libro, con moita tensión e cunha trama moi boa.
A miña escena favorita é cando comeza todo o paranormal unha noite na cal Xabier Louzao (o dono da casa enmeigada) deixara todos os aparellos electrónicos desconectados, comezáranlle a acontecer sucesos moi extraños,tales como o teléfono a soar e escoitar unha voz moi rara e con ruídos extraños de fondo. De súpeto cando se finalizara a chamada, o fax comezara a imprimir e no folio poñía “ARRIBA ARRIBA XABIER SOCORRO ARRIBA”. Esas escenas son as que máis me marcaron do libro e as que me puxeron a pel de ourizo. A escena final cando se escoita a voz de Xabier de fondo dicirlle a Adrián teñen fame,marcha, esa escena tamén me impactou moito e outra vez máis a pel de ourizo.