En outubro do 2013, 500 inmigrantes fuxían a Europa nunha patera que se afundiu fronte da costa Italiana de Lampedusa. Morreron 360 persoas e sobreviviron 155. Esta causa conmoveu á sociedade italiana e convocou o día de loito nacional recordando e honrando aos falecidos facendo unha cruz coa madeira do naufraxio. En Abril de 2014 a fundación italiana Casa del Espírito Santo e as Artes de Milán amosoulle a cruz ao Papa Francisco. Este bendeciuna e pediulles que se encargasen de que a cruz recorrese todo o mundo. A semana pasada tivemos a honra de tela no noso centro e poder reflexionar sobre o que significa.