Aníbal e a Pintora – Xabier Paz

Acabo de ler a novela Aníbal e a Pintora do escritor Xabier Paz e pensei que era un estupendo momento para facer a primeira entrada neste fantástico blog e celebrar con vós o Día do Libro!

O escritor achéganos á figura de Artemisia Gentileschi, artista italiana do Barroco até hai pouco esquecida polo mundo da arte. A personaxe principal, Aníbal, é un profesor de matemáticas que, tras descubrir en Internet a obra desta artista, comeza unha ardua investigación que serve de guión para esta novela que nos leva á Roma do século XVII, á Roma de Bernini, Borromini ou Caravaggio e, tamén, a Roma na que coñeceremos a historia de Artemisia.

Gustaredes deste libro aquelas persoas ás que lles guste a historia da arte e a historia en xeral, e especialmente recomendable para o alumnado de 2º de Bacharelato, xa que esta lectura axudaralles a ampliar o coñecemento sobre o Barroco en concreto, e sobre a Arte, en xeral.

Déixovos o link dun vídeo inspirado nesta novela que de seguro vos acaban de animar a esta lectura!

Deixa unha resposta