Hai uns días, os alumnos de 4º da ESO realizaron unha rutina de pensamento: vexo, penso, pregúntome. Tras ver esta pequena peza audiovisual, elaboraron a súa particular listaxe de obras e personaxes que deixaron pegada nas súas vidas (cancións, libros, películas…). Porque, de verdade alguén pensa que seriamos os mesmos sen….?
Convidámoste a facer o mesmo: pensa, pregúntate, que incluirías na túa listaxe particular?