Os alumnos de 4º da ESO leron nesta avaliación o libro de Marina Mayoral Tristes armas. Nel cóntase a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, que deben aprender a vivir separadas da súa familia e da súa patria nun contexto histórico terrible.
.
Os alumnos de 4º da ESO leron nesta avaliación o libro de Marina Mayoral Tristes armas. Nel cóntase a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, que deben aprender a vivir separadas da súa familia e da súa patria nun contexto histórico terrible.
.
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.
Un libro cun contido magnifico , que nos mostra a realidade do sufrimento da epoca da guerra e a separacion das familias, xunto coa pena doutros factores.
Un libro digno de ler que xunto coa pena desa época sempre se buscaba a forma para disimular a dor e ser feliz .
Ese contexto histórico terrible refírese á etapa da Guerra Civil e Segunda guerra mundial, etapa na que transcorre a historia destas nenas e outros personaxes secundarios que se atopan na súa vida.
Os valores que trasmite este libro da ¨superacion¨dunha familia a cal se separase na guerra civil , as rapazas recorren unha boa viaxe ata chegar a Rusia tras ser mandadas polos seus pais, estes non podían permitir que a elas lles pasara algo . Os esforzos das rapazas para coidarse unha á outra e a loita dos pais para poder xuntarse con elas de novo transmite un valor incrible.
É un libro que conta unha historia moi tráxica do século XX, pero é unha das poucas que acabou ben. Este libro narra a historia de dúas rapazas que tiveron que fuxir da guerra porque sua nai era enfermeira e seu pai loitaba na guerra…
Este libro pareceume un libro moi bonito e triste, lino nunha fin de semana, era moi facil de ler.
Conta unha historia de dúas rapazas que marchaban para Rusia pola guerra, a un orfanato. Elas non saben nada dos seus pais. Rosa faise bailarina e volve a ver a súa nai porque viaxa por todo o mundo. Eu recomendo ler este libro, é moi fácil de ler e de entender e para a xente que lle gustan as historias e un libro perfecto.
O libro de Tristes armas pareceume moi interesante e triste, xa que nos conta a mala etapa que viviron os galegos na guerra civil, ata o punto que os pais por culpa da guerra teñen que deixar as súas fillas nun barco para emigrar e estaren a salvo, mentras eles vense obrigados a quedar e loitar na guerra. As nenas viven moitas aventuras no barco e cando chegan quedan nunha casa de acollida en Rusia e ali estudan e crecen, sabendo pouco dos seus pais.
Este libro conta unha historia de superacion grandisima pola parte das nenas, que medraron sen os seus pais e pola nai, que tivo que emigrar a Arxentina pola morte do seu marido, e aínda que lle costa moito encontrala al final lógrao e pode volver a ver a unha delas.
Personalmente recomendo moito este libro para coñecer a situación tan tráxica que viviron algúns nenos na guerra civil.