O venres pasado os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO asistimos á estrea de Os nenos da varíola, a adaptación teatral da novela do mesmo nome de María Solar. Para os de 3º a historia era ben coñecida xa que leran a novela na 1ª avaliación. Nela pártese dun feito real e sorprendentemente descoñecido: a Real Expedición Filantrópica da Vacina de 1803. Foi a primeira, e polo momento a única vez, que os humanos acabaron cunha enfermidade mediante o uso dunha vacina. De todos os implicados nela, só o seu director, o doutor Balmis, recibiu en vida os honores e o recoñecemento merecidos. Con esta obra recupérase a memoria tamén daqueles nenos dos hospicios da Coruña e Santiago e da súa reitora, Isabel Zendal, considerada hoxe a primeira enfermeira en misión internacional pola OMS.
Ao rematar, as actrices e actores fixéronse un selfie con nós, aquí estamos.