Os santos inocentes é un libro que hai que acabar de comprender para que che guste, pero se acabas comprendendo máis ou menos o que quería expresar Delibes, pode conventirse nun dos teus libros favoritos.
É un libro no que, ata chegado o final, non intúes o que pode pasar; é moi difícil comprender e ver que unha persoa, por moitas dificultades que poida ter, sería capaz de asasinar a outra persoa por un animal, pero neste libro, vese que iso si pode ser real. Tamén hai outro tipo de motivos polo que ese home foi asasinado, pero o principal é este, polo asasinato da súa mascota.
É unha obra de arte, que todo o mundo necesitaría ler unha vez na vida.
Delibes é un grande escritor, que sempre hai que leer é que merece moito recoñecemento pola súas obras aínda que xa non se encontre entre nós dende hai varios anos atrás.