LETRAS CONTRA A GUERRA

Desde o mes de abril, no que celebramos o Día do Libro, os departamentos de lingua do centro vimos desenvolvendo unha actividade titulada “Guerra e paz. Letras contra a guerra”. Tralo impacto causado pola recente invasión de Ucraína co conseguinte conflito bélico, decidimos denuncialo da mellor maneira que se nos ocorre: facendo un percorrido pola ampla mostra de literatura que ten como tema ou trasfondo a guerra.

Nunha especie de mural colectivo, alumnos e profesores fomos sumando títulos ou fragmentos de grandes autores que narraron nas súas páxinas o horror que supoñen as guerras. Obras que nos falan de guerras antigas, de guerras mundiais, de guerras de descolonización, de guerras civís… Un mosaico que reflicte ás veces o peor do ser humano pero tamén o mellor, a solidaridade, a resiliencia, o amor.

Deixa unha resposta