Esta obra conta a historia de dúas nenas exiliadas a Rusia (Rosa e Harmonía) pola guerra civil daquel momento. Na súa estancia en Rusia terán clases, unha casa, e unha coidadora chamada María del Mar. Esta historia fala do que é a guerra, como sofre a xente dos distintos bandos e os camiños que che poden levar a facer isto, neste caso como podían sufrir estas dúas rapazas pero tamén como sufrían os seus pais. Na imaxe algúns dos denominados”nenos da guerra” a punto de ser embarcados para apartalos do conflicto.
Eu creo que é unha obra na que podes darte conta de todo o negativo que ten calquera guerra, por simplemente dúas personas que teñan pensamentos diferentes. Gustoume bastante, aínda que tes que prestar atención xa que na historia transcorren moitos anos.