Se fosen turistas levarían gafas de sol

O mes pasado os alumnos de 2º de bacharelato asistimos á representación teatral “Se fosen turistas levarían gafas de sol”. Trátase dunha coprodución internacional entre as compañías de teatro galegas Limiar e Crémilo, as entidades portuguesas Teatro Nacional D.ª Maria II de Lisboa e Comedias do Minho, a arxentina Cía. Nacional de Fósforos de Bos Aires e a compañía uruguaia El Mura de Montevideo.

Normalmente o teatro non adoita gustarlle a moita xente pero neste caso foi todo o contrario, xa que ao saír do teatro a case todos nos gustara a representación. Penso que é unha das mellores obras de teatro que vin, non polos decorados nin polas risas que os actores che sacaban, senón porque é unha das poucas obras que me fixo pensar seriamente nun tema tan actual e importante como o é a emigración, tema principal da obra. Tamén nos facía reflexionar sobre ue todo o mundo somos fillos de emigrantes porque nalgún momento alguén da nosa familia tivo que emigrar, fora polo motivo que fora.

 

Deixa unha resposta