Estou lendo un libro: O Principiño. O seu autor era francés, chamábase Antoine de Saint-Exupéry.
Este autor era piloto e tamén o protagonista ao que se lle estropeou o seu avión no deserto do Sáhara e alí coñeceu ao principiño. Comeza contando que de pequeno debuxara unha boa que tragara a un elefante e cando llo ensinou aos maiores só vían un sombreiro e dixéronlle que deixase de pintar.
E o principiño, cando lle ensinou o debuxo, foi o único que se deu conta do que el pintara.