En 1950 a Organización Mundial da Saúde recoñeceu a Isabel Zendal como a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Nacida en Ordes en 1773, en 1803 participou na Real Expedición Filantrópica da vacina.
Mostra da importancia desta muller é que nos últimos meses escoitamos moito o seu nome. Un exemplo: o novo hospital construído en Madrid especializado en pandemias.
Así mesmo, levan o seu nome:
- premios Isabel Zendal de enfermería
- premios Isabel Zendal ao pensamento crítico
- Cátedra de Divulgación Científica Isabel Zendal creada na Universidade da Coruña.