Memorial do Convento

Nestes días de confinamento veu á miña cabeza varias veces unha vella lectura: O ensaio sobre a cegueira de José Saramago. Nesta obra o Premio Nóbel portugués preséntanos uns personaxes que deben facer fronte a unha pandemia que se extende polo mundo: a cegueira branca. A orixe repentina e inexplicable e a natureza da cegueira causan o pánico xeralizado, e no encerro que deben soportar xorden os instintos máis básicos do ser humano. Normal que me acordara, non?

Pero a novela de Saramago que me impactou no seu momento e que quero recomendarvos é  O memorial do Convento. Publicada en 1982, a súa acción transcorre no século XVIII, coa construción do convento de Mafra como pano de fondo dunha historia de amor fermosísima, ao tempo que amosa a oposición entre a miseria do pobo e o despilfarro real en grandes construcións.  É  unha novela pragada de historias e personaxes inolvidables como Blimunda, Baltasar, o Padre Bartolomeu Lourenço, e unha prosa chea de poesía e cariño cara eses personaxes.

                                                                                                                     Begoña Campaña

Deixa unha resposta