Letras Galegas. Roteiro Luísa Villalta

Saímos pola cidade seguindo as pegadas de Luísa Villalta. Visitamos un feixe de lugares significativos na súa traxectoria vital e, a través dun xogo de pistas, fomos descubrindo datos  e detalles da cidade  que ás veces se nos escapan. Unha oportunidade de aprendizaxe pero tamén de convivencia entre alumnado e profesores.

Pisando estrelas subo a Praterías, 

Quintana arriba, paro e miro:

O ceu peneira os ecos das esquinas.

E a Berenguela, á alba, absorta aínda.

‘Música reservada’ (Luísa Villalta)

Deixa unha resposta