Fai un tempo fomos ver unha obra de Galicreques: Lémbrame. Foi moi interesante e aos actores dábaselles moi ben.
Os protagonistas, coa axuda de pistas, formaron unha historia, na que unha señora vendía as súas lembranzas a cambio de tempo, despois de que a industrialización destruira o seu fogar e todas as prantas do redor. Máis adiante na historia, vemos como un paxaro cae por unha saída de gas e entón aparece a mesmísima morte, e comeza a perseguir a muller para levala consigo. É unha obra moi interesante e cun significado oculto, recoméndolla a todo o mundo.