No primeiro trimestre os alumnos de 4º da ESO fixemos unha exposición sobre Emilia Pardo Bazán. Unha gran escritora pero antes dela houba outras moi boas tamén, como é o caso de Jane Austen e Concepción Arenal, entre outras.
–Jane Austen foi unha novelista británica, que naceu en 1775. Foi autora de obras de ficción romántica, a máis coñecida: Sense and Sensibility. O seu realismo, a súa penetrante análise da sociedade da época, unida ao seu uso da narración indirecta libre e a ironía, fan dela un dos máis estimados e influentes novelistas do século XIX.
Nesa época, as mulleres casadas británcias non tiñan poder legal para asinar contratos, e era común que unha muller que quixese publicar tivese un parente masculino que a representase na sinaura do contrato. Como moitas autoras dese tempo, Austen tivo que publicar os seus libros anonimamente: “By a Lady”.