Os alumnos de 4ESO no primeiro trimestre fixemos unha exposición sobre as autoras da época de Emilia Pardo Bazán. Ela defendeu a súa liberdade tanto como a das demais mulleres escritoras, defendéndoas da sociedade intolerante e opresiva, que lles impedía conseguir os seus logros. Un exemplo, a británica Emily Bronte:
A súa obra máis importante é a novela Wuthering heights (1847), traducida ao castelán como Cumbres borrascosas, considerada un clásico da literatura inglesa, que foi publicada baixo o pseudónimo masculino de Ellis Bell para sortear así as dificultades que tiñan as mulleres do século XIX no recoñecemento do seu traballo literario.