Pais escritores

A familia é un factor fundamental na nosa educación e, por suposto, tamén no fomento da lectura. E  qué mellor maneira de facelo que escribindo literatura, xa sexa para ser publicada ou non. Entre as familias dos nosos alumnos atopamos dous exemplos que nos honra presentarvos.

Primeiro, Ignacio Pereiro e a súa novela La leyenda de… Parte 1: La espada de Orec, un exemplo de literatura fantástica que vai camiño dunha segunda parte. Agardamos que veña presentala ao noso centro.

 

Hoxe visitounos Xosé A. Neira Cruz

Hoxe tivemos a honra de ter con nós, contándonos a súa experiencia como escritor  e respondendo as preguntas dos alumnos a Xosé Neira Cruz. Trala agradable sesión na que nos contou as súas experiencias como autor pero tamén como lector, entregou os premios aos dous alumnos que ao longo do curso conseguiron máis selos nos seus pasaportes lectores. Os premiados foron 1º premio  Xoán Pájaro e  2º Andrés Nieves, ambos de 4º da ESO.

Grazas a Xosé Neira Cruz pola visita e parabéns aos gañadores!

                 

  

Corredores de sombras

Corredores de sombra é unha novela que nos conta o sucedido no pazo dos Soutelo no verán de 1995. A historia está contada pola protagonista de maior lendo o diario que escribiu aquel verán. Cóntanos como nas reformas do castro encontran un cadáver pertencente á Guerra Civil, e ela máis un neno que coñece na aldea onde está o castro intentan descubrir de quen é o cadáver e quen o asesinou.

Reseña Maximun Berserk de Kentaro Miura

( Unha Pequena aclaración Berserk é igual que Maximun Berserk só que Maximun é 2 tomos en 1)Berserk é un manga de estilo épico fantástico e de fantasía escura, ten toques de humor que en ningún momento sentín que perxudicase a atmósfera seria e oscura de Berserk.   O seu autor é o xaponés Kentaro Miura

Agora vou contar parte do tomo 1 cos mínimos spoilers posibles : A historia trata de Gust, preséntasenos coma un home forte, frío, algo malvado e algo tolo, acompáñao unha fada ada na súa viaxe. Aínda que Gust se nos presenta como un home capaz de matar a varios homes dun espadazo, cando loita con monstros a dinámica de combate cambia, sendo máis estratéxico e utilizando algúns gadgets.

ENCONTRO CO AUTOR XOSÉ A. NEIRA CRUZ

Mañá xoves terá lugar este encontro que se encadra dentro do Plan Lector do centro e pecha unha serie de actividades que se viñeron celebrando ao longo do curso. Moitos de vós lestes un dos seus libros máis recoñecidos: Valdemuller, que obtivera o Premio Barco de Vapor e que máis tarde sería adaptada ao teatro polo Centro Dramático Galego.

No acto tamén se fará entrega dos premios aos alumnos máis “lectores” gañadores do concurso Búscase xente lendo.

Xosé Neira Cruz, nado en Compostela, é licenciado en Filoloxía Italiana e en Ciencias da Información pola USC. Recoñecido tanto en Galicia como fóra dela, ten unha obra moi extensa e conta no seu haber con múltiples premios de prestixio.

O Centro Do Laberinto

O centro do laberinto é un libro escrito por Agustín Fernández Paz publicado en 1997. Está ambientado nunha sociedade futurista a mediados do actual século. Sara, nai de David, forma parte parte do G-12 que é un dos grupos máis impotantes de persoas que dirixe o mundo. O mundo daquela está moi globalizado en case todos os rincóns excepto nas ZNT que prefiren vivir sen as novas tecnoloxías.

Sara está preparando un informe que pode cambiar a sociedade tal e como se coñece e para tomar un descanso vai a Galicia con David. Galicia daquela non é tan avanzado como o que está acostumado David e mentres Sara vai visitar uns petrogrifos, David deixa de xogar cos seus videoxogos e colle o coche. Vai dar unha volta ata que se encontra cunha chaira e decide recorrela rápidamente como nos videoxogos ata que choca contra unha árbore e uns habitantes dun ZNT rescátano e o cuidan mentres intentan contactar coa súa nai para avisala dun problema co informe. Sara daquela intenta encontrar a David pero ten un problema co informe porque compañeiros seus empezan a morrer misteriosamente.