Hai uns días que os alumnos de 4º de ESO estiveron na exposición Dona Emilia e Compostela, que acolleu o Pazo de Fonseca coincidindo co centenario do pasamento da escritora. A Casa-Museo de Emilia Pardo-Bazán, no número 11 da rúa Tabernas da Coruña, convida aos curiosos a que camiñen e pescuden polas distintas salas desta casa da Cidade Vella da Coruña, na que a escritora viviu varios anos. Nesta mesma casa, cedida polas herdeiras da condesa, instalouse a sede da Real Academia Galega; quería agradecerse deste xeito que a institución a tivese como presidenta honoraria dende a súa fundación en 1906.
Parécenos o complemento perfecto para entender a relación de Dona Emilia coas dúas cidades galegas e, de paso, atusmar un pouco pola “cociña da escritura” desta muller tan interesante. Aquí tedes a porta de acceso. Boa visita.