Carlos Reigosa recibe o premio Xerais edición 14ª coa novela ”Crime en Compostela” (1984), é o primeiro best-seller da literatura galega con máis de 34.750 exemplares vendidos, converténdose desde xeito no autor pioneiro do xénero negro na literatura galega. Reigosa, que ten publicados libros de xéneros variados como relatos curtos, investigación ou ensaio e que foi premiado en numerosas ocasions, crea a Nivardo Castro, investigador internacional que, xunto con Carlos Conde, periodista, investigarán o escuro asasinato de Aurelio Xieiro un empresario da construción rico da cidade de Santiago de Compostela.
Manuel Rivas consolidado mestre das letras galegas con títulos tan excepcionales como “o
lapis do carminteiro” ou “A lingua das bolboretas” publicou tamén xénero negro como a súa
novela “Todo é silencio”.
O fenómeno medra e evoluciona durante máis de tres décadas influenciado por Europa e
América e, en opinión dun dos autores recoñecidos deste xénero, Francisco Castro, débese
fundamentalmente a tres factores:
a) Por un lado achaca o fenómeno do éxito da novela negra galega á madurez que en
xeral acada a literatura galega, consolidación que fai que un dos xéneros que
faltaban teña neste momento a súa representación.
b) Tamén atribúe o avance deste tipo de novela ao abandono da exultación de Galicia
como patria por parte dos autores precedentes, indo agora polo camiño de atraer
ao lector. Lector que de sempre gusta e elixe a temática policíaca.
c) Como terceiro factor apunta á temática urbana que adoita ter a literatura galega,
tramas urbanas que se se desenvolven en cidades como Vigo prestánse a tramas
negras.
Este autor causa un novo éxito de ventas coa novela “Tes ata as dez”.
Xunto con Francisco Castro, Domingo Vilar e Pedro Feijoo, tamén sitúan a acción os seus
crimes e investigacións na cidade de Vigo e arredores.
Villar coas reflexións, paseos, e almorzos do Inspector Leo Caldas mantén ao lector atrapado nas páxinas dende o primeiro momento. En tres novelas publicadas ata o de agora “Ollos de Auga”, “A praia dos afogados” que conta tamén coa versión cinematográfica e o último en ser publicado “ O último barco” Villar ofrece un claro exemplo da traxectoria pola que discorre a novela negra galega.
Pedro Feijoo, con “Fuego azul” afonda na dor. Ata onde podemos aguantar a dor?, cando nos obrigan a traspasar o límite ¿que estamos dispostos a facer? Son preguntas que xurden ca lectura de crimes macabros que suceden nesta obra.
Beto Luaces, iniciou en 2017 a serie de novela negra “VICUS” cuxa trama discorre entre a
cidade de Vigo e a serra do Suído. A obra unha das mais vendidas da cidade Olivica relata a figura de Alfonso Graña, un galego de Avión que chegou a ser rei dos Xíbaroson.
Non podemos deixar sen mencionar a Manuel Loureiro autor de varios títulos con diferentes temáticas destacando o xénero de terror e que en 2015 publica “Fulgor” unha interesante mestura de novela de terror e negra, nin ao revolucionario Diego Ameixeiras que crea a súa versión do sagaz detective no personaxe de Horacio Dopico no título “Baixo mínimos”
Impresionante tamén o elenco de escritoras galegas que tocan esta temática detectivesca.
María Oruña, nacida en Vigo en 1976, con “Puerto escondido”, “Un lugar a donde ir” e “Donde fuimos invencibles” ofrece unha apaixonante serie da tenente Valentina Redondo e o cabo Camargo.
Ledicia Costas, premio nacional de literatura infantil e xuvenil con mais de 16 libros orientados a estes lectores, publica en 2019 a sua primeira obra para adultos “Infamia” inspirada nocaso real do asasinato de Marta del Castillo. Nesta novela a inspectora Cruz acude a unha cidade imaxinaria galega para investigar a desaparición de dúas irmás.
Araintza Portabales aporta ao xénero “Beleza vermella” 2019 e a Coruñesa Nieves Abarea da vida a á inspectora Valentina Negro protagonista dos títulos “Crímenes exquisitos”,
“Martyrium” e “Los muertos viajan deprisa” que marcan unha importante aportacion á literatura.
Sirva esta breve exposicion como posta en valor e mostra da consolidación da nosa literatura e dentro dela a novela negra contemporánea.