Letras Galegas. Obradoiro de regueifa con Lupe Blanco

Tivemos con nós a unha das mellores regueifeiras do momento e comprobamos que temos “canteira” entre os nosos alumnos. Comezou o obradoiro cunha explicación do concepto histórico de «regueifa». En resumo, un baile, un pan de voda e un xénero de improvisación oral en verso.  Seguiu cun percorrido por todos os lugares do mundo nos que se desenvolve a arte da improvisación: desde os bertsolaris vascos, os mellores da Península, ata os decimeros de Cuba (a onde viaxará en breve Lupe Blanco para representar a Galicia nun congreso sobre esta arte).

Cunha rápida mais completa introdución sobre o xénero poético, métrica, rima, ritmo e canto, comezou a creación do alumnado das coplas.  A motivación foi total desde o principio e, como debe ser nestes casos, ningún tema quedou atrás: as alusións ao profesorado, aos compañeiros, incluso a crítica social. Logo veu o canto e os aplausos.

 

 

Deixa unha resposta