Contemporáneas de Pardo Bazán. Jane Austen

No primeiro trimestre os alumnos de 4º da ESO fixemos unha exposición sobre Emilia Pardo Bazán. Unha gran escritora  pero antes dela houba outras moi boas tamén, como é o caso de Jane Austen e Concepción Arenal, entre outras.

     –Jane Austen foi unha novelista británica, que naceu en 1775.  Foi autora de obras de ficción romántica, a máis coñecida: Sense and Sensibility. O seu realismo, a súa penetrante análise da sociedade da época, unida ao seu uso da narración indirecta libre e a ironía, fan dela un dos máis estimados e influentes novelistas do século XIX.

Nesa época, as mulleres casadas británcias non tiñan poder legal para asinar contratos, e era común que unha muller que quixese publicar tivese un parente masculino que a representase na sinaura do contrato. Como moitas autoras dese tempo, Austen tivo que publicar os seus libros anonimamente: “By a Lady”.

Deixa unha resposta